Información práctica
Espazo Termal Teáns - Oleiros
Espazo termal ao aire libre situado en Teáns, na parroquia de Oleiros, en Salvaterra de Miño, considerado un dos maiores deste tipo de Galicia.
Inaugurado a comezos de 2019, aproveita unhas augas declaradas termais e mineromedicinais. Inspirado nos antigos caldariums romanos, conta cunha zona de aparcamento e atópase no mesmo punto de inicio da ruta que enlaza coas termas e o parque de A Canuda.
place
España