Ir o contido principal
Información práctica

As estacadas do Tea

Imaxe por defecto

Construcións artesanais situadas sobre o río Tea, no tramo próximo á súa desembocadura no Miño, en Salvaterra de Miño.

Son estruturas de madeira en forma de pasarela en voladizo sobre o río, desde as que se practica a pesca nocturna da lamprea coa fisga ou francada, aproveitando o remonte do peixe. O tramo de pesca esténdese entre a ponte do fluxo de Fillaboa e a praia da Moscadeira, xa en Ponteareas.

place España