Ir o contido principal
Información práctica

Museo da Ciencia do Viño

Imaxe por defecto

Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, en Salvaterra de Miño, un dos maiores espazos de divulgación da viticultura e a enoloxía de España.

Atópase no interior do Castelo de Doña Urraca e a Casa do Conde, dentro do conxunto histórico da Fortaleza, declarado Ben de Interese Cultural en 1949. A súa proposta é altamente interactiva e didáctica, con paneis táctiles, vídeos e xogos educativos, e repasa a historia da viticultura no Condado do Tea —subzona da D.O. Rías Baixas e referente do viño Albariño— e en Galicia. Dependente do concello, ofrece visitas guiadas con inscrición previa nun marco expositivo incomparable.

place España