Información práctica
Ponte de Fillaboa
Ponte baixomedieval de orixe romana sobre o río Tea, entre as parroquias de San Lourenzo de Salvaterra e San Miguel de Cabreira, en Salvaterra de Miño.
É a máis próxima á desembocadura das catro pontes centenarias do Tea, xunto coas de Cernadela, Os Remedios e As Partidas. Cunha lonxitude duns 70 metros e catro arcos, atópase no antigo camiño real que unía Ribadavia e Tui. A estrutura actual data do século XV, con importantes reformas no XVII por mor das guerras con Portugal, e conserva a súa calzada pétrea. O nome débese á gran insua do Miño situada río abaixo. Foi restaurada pola Xunta en 2014.
place
España