Ir o contido principal
Información práctica

Nacente do Río Deva

Imaxe por defecto

Punto de nacemento do río Deva, que xorde a uns 800 metros de altitude no chamado Teso de Deva, en A Cañiza.

Desde aquí o río descende de norte a sur ao longo de preto de 21 quilómetros ata desembocar no Miño, xa en Arbo. O seu nome, de posible orixe celta, relaciónase coa idea de divindade ou carácter sagrado que estas culturas atribuían á auga. O nacente atópase nun contorno natural de montaña, e o curso do Deva, coas súas augas claras e rápidas, configura ao longo do seu percorrido fragas, pozas e fervenzas de gran valor ecolóxico, moitas delas integradas en espazos protexidos da Rede Natura.