Ir o contido principal
Información práctica

Festa do Viño Espumoso

Imaxe por defecto

Festa que se celebra en Salvaterra de Miño o primeiro fin de semana de decembro, datas nas que os viños espumosos saen da súa segunda fermentación.

Foi a primeira festa deste tipo en Galicia, o que converte a Salvaterra na «Capital dos espumosos das Rías Baixas». O concello dálle gran importancia pola súa promoción do sector vitivinícola na comarca do Condado. Entre as súas actividades destacan o curso de iniciación aos espumosos e as catas dirixidas por Luis Paadín. As bodegas e o concello apostan por esta cita para darlle proxección.

place España

42.085381, -8.470126